Thursday 02 de May de 2024

Mañá abre o prazo de preinscrición para as actividades de Ocioleiros


A partir de mañá e ata o día 22 de decembro estará aberto o prazo de preinscrición para participar nunha nova edición de Ocioleiros. Ofértanse un total de 23 actividades diferentes para persoas maiores de 18 anos.

As persoas interesadas poderán preinscribirse a través da Sede Electrónica do Concello. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na conserxería da Fábrica en horario de mañá (de 8:30 a 14:30 horas).

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=d5191ac8-add6-4b3b-893c-94f6e0ad2cf5&groupId=12702